viernes, 19 de febrero de 2016

Coñecer a nosa Xeografía.




Un traballo especial


Trátase dunha montaxe na que se poden descubrir e coñecer os ríos, os picos, as serras, as mesetas... da nosa Xeografía feito cun mapa colocado sobre unha caixa e cun sistema eléctrico con pilas.

Este traballo fíxeno co meu pai e  empregámonos a fondo para conseguir o resultado que vos amoso.

Aquí vos deixo algunhas imaxes e un enlace  para practicar Xeografia
  de España mediante xogos.

Enlace.
Mapas interactivos.



Troúxeno a clase e amoseillo a todos os meus compañeiros.

 Practicamos para descubrir e acertar o nome dos elementos da Xeografía de España.

Na beira estaban escritos todos os datos referidos aos ríos, mesetas... de toda España.
Este circuíto eléctrico está feito con material diverso: 
unha caixa de cartón, circuítos eléctricos con cables da electricidade, parte dun xogo de conectores...

Adiquei bastante tempo á súa montaxe e o resultado 
mereceu a pena.
Gustoume moito todo o que aprendín con esta divertida actividade.

Actividades interactivas.

AUTOR:

  • Julen Marín Cajide

viernes, 5 de febrero de 2016

Galicia chea de pegadas.

Galicia é o país das choivas; así o chan sempre está mollado, e os habitantes dos bosques poden deixar marcas coas patas, as pegadas.

Neste plano móstranse as pegadas dos animais máis importantes que todo galego debería ter visto algunha vez.
Cando o chan está húmido, os animais poden deixar marcas no chan coas súas patas, as pegadas.
Unha boa forma de seguirlles o rastro é seguindo as súas pegadas.
Pero, os tipos de animais non teñen as mesmas, para elo o seguinte plano:

 Tamén, traio conmigo un caderno (clik na imaxe) onde, dende pequeno, apunto todas as veces que os animais e eu nos atopamos, en persoa ou a través de pegadas.

AUTORES:

  • Gabriel Yáñez.
  • Adrian Sixto.