viernes, 13 de noviembre de 2015

O MELLOR DOS AGASALLOS!

Queredes coñecer os nosos máis preciados 
agasallos?

Estos textos pretenden ser unha homenaxe a elas.

BENVIDAS!

Nós querémosvos contar algo sobre o que nós fai ser as persoas máis felices do mundo e como chegaron a nós os nosos familiares máis pequenos. 
   A miña irmá chámase ALBA e naceu e o 3 de xullo deste ano 2015.
   Unha tarde, a miña nai e o meu pai dixéronnos a min e a Diego, que é o meu outro irman, que fósemos "facendo un oco nos nosos xogos" pois ...iamos ser máis!
   Eu non o podía crer e, Diego, tampouco; xa éramos dous  e, un máis ..menuda podiamos armar!
Sabedes que?, nun principio ían ser mellizos, pero por algún motivo o indefenso corazonciño dun deles parouse, pero como di a miña nai: "esa perda énchese co fermosa e saudable que é ALBA"
   A min tráeme moito sentimento isto!
   O día que naceu ALBA, Diego e máis eu estabamos de acampada e, despois de comer, foron a buscarnos e así coñecimos á nosa irmá!
   Algunhas veces protéstolle á miña nai porque sempre a viste de rosa ou branco, pero... sempre está preciosa!
 Enlace
 Samuel Rodríguez Gago
E, UNS CANTOS ANOS ANTES...

 
 A miña curmá chámase  ANA LUGUAN  e naceu o 31 de marzo do 2011. Eu a coñecín o 28 de novembro dese ano nun lugar moi epecial, o aeroporto de Santiago.
   Xa sei, diredes que tardei moito en coñecer á miña curmá, pero é que ela naceu en China e os meus padriños a adoptaron.
Pero compensou esperar seis anos por ela para poder desfrutar como o estou facendo agora! 

Ler polo miúdo  é,
para saber máis.

Sara Rey Corral 


No hay comentarios:

Publicar un comentario