Estos días estiven pensando en como facer algúns experimentos como son un volcán, como medir o PH, que é o grado de acidez...
VOLCÁN
Ocorréuseme facer un volcán coa reacción química entre o bicarbonato sódico e o vinagre.
Aquí vos deixo os ingredientes e os utis necesarios, que son :
- o vinagre,
- o bicarbonato sódico,
- xel concentrado ou (Fairy),
- colorante alimentario,
- plastilina e un vaso.
1º: Facer a base poñendo plastilina polo exterior do vaso.
2º: Misturar o bicarbonato sódico co xel concentrado e o colorante alimentario.
3º: Engadir vinagre e...
experimento en práctica!
E, máis sobre Marie Curie:
Practica con estes recursos sobre capacidade.
AUTORES:
- Marcos Cendán
- Marcos Pita
- Brais Rajo